Páxinas

xoves, 15 de outubro de 2015

Guión didáctico Aprendizaxe coperativa


GUIÓN DIDÁCTICO


AUTOR: Arturo Francisco Conde Feijóo
TÍTULO: Aprendizaxe cooperativa

TEMA: Aprendizaxe cooperativa, características e metodoloxía.

DESTINATARIOS: Alumnos curso "docencia para a formación profesional para o emprego"

MODALIDADE: Presencial




OBXECTIVOS
CONTIDOS
ACTIVIDADES
Coñecer a metodoloxía da aprendizaxe cooperativa en grupos na aula.





Factores intervintes na aprendizaxe cooperativa
Presentación de factores da aprendizaxe cooperativa e avaliación crítica na aula.


Recursos utilizados na sesión:

Presentación dixital. Xustifícoa no senso que é un recurso ameno para o alumno e práctico para o docente na presentación de información, combinado co discurso.

Discurso. Considero que o discurso é o recurso mais importante para un docente porque é un orador, polo cal ter un dominio da lingüística e da metodoloxía do discurso é fundamental e imprescindíbel. Co bó manexo do discurso conseguimos persuadir e seducir aos ointes para poder ofrecer a información que dexesamos ensinar e facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe.


Manual de apoio e enlaces de interese. Para apoiar e mellorar a tarefa de aprendizaxe dos alumnos.

O discurso como recurso didáctico

O discurso.

Definición de discurso: do latín discursus, un discurso é unha mensaxe que se pronuncia de manera pública. Trátase dunha acción comunicativa cuxa finalidade é expoñer ou transmitir algún tipo de información e, polo xeral, convencer aos ointes.

Considero que o discurso é o recurso mais importante para un docente porque é un orador, polo cal ter un dominio da lingüística e da metodoloxía do discurso é fundamental e imprescindíbel.

Co bó manexo do discurso conseguimos persuadir e seducir aos ointes para poder ofrecer a información que dexesamos ensinar e facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe.


Como inconvintes atopo únicamente que non se use a metodoloxía axeitada para establecer un discurso claro, así como impedimentos de tipo fisiolóxico que poidan intervir na comunicación entre docente e alumnos.
O conflicto e a negociación en grupos

Mapa conceptal Conflictos


Conductismo, cognitivismo e constructivismo